A chef Maika Chacón imparte un obradoiro infantil de galletas cookies
Por Oskar Viéitez
O club Rotary de Pontevedra organiza para o sábado día 6 de abril no Hotel Galicia Palace un evento dirixido a nenos de 5 a 12 anos.
Preténdese que os pais compartan un intre cos fillos para a través dun obradoiro de decoración de galletas cookies, e impartido pola chef: Maika Chacón da escola Aiala de Karlos Arguiñano.
Haberá quendas de mañá e tarde. A inscripción realizarase na recepción do hotel cunha cota de dous euros por neno. A recadación irá destinada á Sociedade Benéfica San Vicente Paul, "Calor e café" de Pontevedra.
Ademais o clube rotario pontevedrés tamén puxo en marcha unha campaña para recoller libros e cds de música para a biblioteca do Centro Penitenciario da Lama. Nesta iniciativa contan coa colaboración de Protección Civil que se encarga de recoller o material.
Para iso en horario de 10 a 13:30 horas e de 17 a 20 horas en días laborais poderase deixar as doazóns nos locais de Protección Civil de Pontevedra situados no campo de fútbol de Pasaron. A recollida de libros farase ata o 30 de abril.