Os científicos do mañá participan na feira final de Pontenciencia
Por Redacción
Coñecer como mediante plantas poden filtrarse augas residuais para o seu uso en regos ou lavados, saber que nin a laranxa é a froita con máis vitamina C nin o seu zume perde propiedades de xeito inmediato ou amosar como unha serie de fotografías reproducen estereotipos de xénero.
Estas son tan só algunhas das investigacións que este venres se deron a coñecer na Escola de Enxeñaría Forestal da man de nenos de Primaria que nesta xornada presentaban nunha feira os resultados dos proxectos que desenvolveron ao longo dos últimos meses no marco do proxecto Pontenciencia.
Promovido polo Concello xunto coa Universidade de Vigo e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnoloxía (Fecyt), Pontenciencia ten como obxectivo central espertar nos nenos o interese pola ciencia e contou nesta edición coa participación de máis de 300 alumnos dos CEIP San Bieito de Lérez, Príncipe Felipe, Marcos da Portela, Santo André de Xeve, San Martiño e Ponte Sampaio e do Centro de Educación Especial Príncipe Felipe.
Partindo das propostas formuladas por un comité científico integrado por profesorado das diferentes facultades e escolas do campus e tras realizar nos seus centros obradoiros de achegamento ao método científico, os rapaces desenvolveron no seu centro un total de 18 experimentos que na mañá deste venres tiñan que defender ante un xurado integrado tamén por investigadores da universidade.
Relacionadas:
-
Os mellores proxectos científicos de Secundaria e FP poderán verse en Forestais a finais de maio
Por Almu Dapena |
-
Pontenciencia ou como lograr a conclusión unánime "a ciencia mola"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os obradoiros do campus renóvanse cun laboratorio creativo, ficción televisiva e arduino
Por Redacción |
-
As Mulleres Faro da ciencia gañan protagonismo na terceira edición de Pontenciencia
Por Natalia Puga |
-
As Mulleres Faro da ciencia gañan protagonismo na terceira edición de Pontenciencia
Por Natalia Puga |
-
Impulsan un mapa sensorial para coñecer Pontevedra cos cinco sentidos
Por Alejandro Espiño |
-
O decisivo papel das mulleres na ciencia
Por Redacción |
-
O decisivo papel das mulleres na ciencia
Por Redacción |
-
Os pequenos científicos amosan as súas habilidades na Feira da Miniciencia
Por Redacción |