Un maleteiro cheo de tapóns dos escolares das Doroteas axudará na recuperación de Nahir
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A Taponeta Solidaria é como Enrique Magdalena rebautizou un veterano vehículo para que se converta na base do proxecto de recollida de tapóns que axuden á mellora de Nahir, unha nena de 5 anos de Pontevedra, e ao mozo vigués Álex, ambos os afectados por parálise cerebral.
Este xoves, Enrique Magdalena achegábase ata o patio do colexio Doroteas onde decenas de escolares depositaron os tapóns que tanto en clase como nas súas casas foron recollendo durante as últimas semanas.
Este material trasladarase agora a un almacen ata que a Fundación Amigos de Galicia o recolla e o traslade a unha empresa recicladora que pagará con 220 euros cada tonelada de tapóns. O maleteiro do vehículo de Enrique Magdalena desbordaba despois de que os estudantes depositaran os seus plásticos.
O promotor desta iniciativa cre que se recolleron máis de cen quilos, pero sinala que o importante non é só o diñeiro que se poida recadar con esta campaña senón visibilizar a situación de nenos que sofren enfermidades e que carecen da axuda necesaria por parte da administración.
A Taponeta Solidaria conta con colaboradores noutros puntos da comarca como no municipio de Marín ou en provincias como Ourense. O obxectivo é poder financiar o tratamento de nenos con parálise cerebral con familias que non poden afrontar por si soas os gastos médicos que se derivan das intervencións médicas. Neste sentido, Enrique Magdalena insiste na necesidade de que todos os cidadáns colaboren con estas propostas achegando tapóns en distintos lugares de recollida.
Relacionadas:
-
'Imposible de Borrar', un disco 100% solidario para levar gafas a todos os nenos
Por Redacción |
-
Cita solidaria no Festisol de Barro para axudar a Edgar, un neno que precisa audífonos
Por Redacción |
-
Cúmprense 100 anos desde a chegada das irmás Doroteas a Pontevedra
Por Redacción |
-
Falece a nena Nahir: "Su corazón se apagó, pero no su sonrisa"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Nahir, a nena con parálise cerebral, xa é capaz de coller un lapis grazas aos tapóns solidarios
-
Un valado para lembrar a importancia da recollida de tapóns para axudar á saúde de menores galegos
Por Redacción |
-
Amigos de Galicia facilita a inserción laboral de seis pontevedreses
Por Redacción |
-
Nahir comeza unha nova campaña para acadar 20 millóns de tapóns que lle permitan continuar co tratamento
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
RADIO.- Un tapón non enche a taponeta, pero axuda a que estea completa
Por Marisa Ciordia |
-
A recollida de tapóns permite que Nahir conte con seis meses de terapia para a súa parálise cerebral
Por Anxo Lourido |