A Lama estrea unha marquesiña de pedra que se ilumina con farois solares
Por Oskar Viéitez
O alcalde da Lama, Jorge Canda, supervisou a colocación dunha marquesiña de pedra que é autoeficiente desde o punto de vista enerxético e que se integra dentro do "proceso de humanización" que, segundo o Concello, está a levar a cabo na avenida de entrada á vila.
A nova marquesiña, idea orixinal dunha empresa especializada en cantería situada no polígono industrial de Racelo, está dotada dunha serie de lámpadas led para a súa iluminación cuxa subministración eléctrica aliméntase a través dun placa solar instalada para ese efecto na parte superior da construción.
A súa localización, na avenida de entrada á vila da Lama, desde Caritel-Ponte Caldelas, responde á petición realizada polos veciños e a súa instalación realizouse xunto a unha parada de autobús perfectamente sinalizada tanto horizontal como verticalmente.
O alcalde, Jorge Canda, tamén informou que "estamos a realizar labores tendentes a mellorar o aspecto da zona con elementos feitos en madeira que oculten os colectores do lixo ao tempo que os ancle a un lugar fixo para evitar movementos indesexados en caso de tormentas e ventiscas ou agora coa introdución de elementos nobres como a pedra no mobiliario urbán como esta maquesina en lugar doutras feitas de metal que acaban eferruxandose e presentando un aspecto deplorable e que agora están fóra de uso".