Nahir comeza unha nova campaña para acadar 20 millóns de tapóns que lle permitan continuar coa recuperación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Nahir é unha nena pontevedresa de 5 anos que sofre parálise cerebral. Álex, un neno de 7 anos veciño de Vigo, tamén se atopa nunha situación similar. A familia de Nahir xa protagonizou, a través da fundación Amigos de Galicia, unha primeira campaña para lograr tapóns para financiar o tratamento no Hospital Quirón Domínguez.
Coas terapias aplicadas, Nahir que non lograba poñer o seu corpoo a catro patas, agora é capaz de voltear cara adiante e cara atrás, indica a súa nai Alejandra González. "Ahora se pone como una rana y salta", asegura mostrando a felicidade que estes avances supoñen para a menor. Afirma que, durante os últimos meses, experimentou unha notable mellora ao poder realizar movementos máis áxiles.
Para continuar co tratamento, a Fundación Amigos de Galicia leva a cabo unha nova campaña de recollida na que agardan conseguir antes de agosto 2 millóns de tapóns que permitan pagar as sesións de 700 euros mensuais de Nahir e as de Álex. En total, 6.490 euros para axudar durante seis meses á mellora da saúde destes pequenos a través de sesións de logopedia e con neurofisioloxía.
Alejandra González asegura que as administracións seguen sen concienciarse e non colaboran con axudas para a nena. É máis, agora teñen que pagar 60 euros para os modelos dos pés, que son necesarios cambialos cada vez que o pé de Nahir medra e que non son cubertas pola seguridade social. "Para nosotros, 60 euros es mucho", apunta Alejandra.
A propia nai de Nahir é a encargada de recoller, en moitas ocasións, os tapóns aos distintos establecementos que colaboran con esta iniciativa. Tamén contan coa axuda da Taponeta Solidaria, unha proposta de Kique Magdalena, un pontevedrés que se atopa solidarizado con esta causa.
Os lugares onde se poden deixar os tapóns poden consultarse na páxina de Facebook: Un tapón, una sonrisa.
Relacionadas:
-
'Imposible de Borrar', un disco 100% solidario para levar gafas a todos os nenos
Por Redacción |
-
Falece a nena Nahir: "Su corazón se apagó, pero no su sonrisa"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Nahir, a nena con parálise cerebral, xa é capaz de coller un lapis grazas aos tapóns solidarios
-
Un valado para lembrar a importancia da recollida de tapóns para axudar á saúde de menores galegos
Por Redacción |
-
Un maleteiro cheo de tapóns dos escolares das Doroteas axudará na recuperación de Nahir
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A recollida de tapóns permite que Nahir conte con seis meses de terapia para a súa parálise cerebral
Por Anxo Lourido |