Pablo Fernández, acaba de tomar as rendas da AJE, a Asociación de Jóvenes Empresarios, que ata agora presidía Lucía Pedroso. O seu nome estivo presente nos medios pola súa responsabilidade como concelleiro do PP entre 2011 e 2015. Dous anos despois de deixar a política municipal, este é un novo Pablo ao que entrevistamos en PontevedraViva Radio.
As súas aparicións públicas concluíron en 2015, cando rematado o anterior mandato, non volveu repetir nas listas do grupo municipal do PP en Pontevedra.
Con todo, Pablo Fernández, non necesitaba vivir do erario público. Xa exercendo de concelleiro, optou por ser un "emprendedor" e montar a súa empresa. Daquela xa era Enxeñeiro Técnico Industrial, pero matriculouse na Uned e titulouse como Enxeñeiro Industrial.
Acaba de ser nomeado presidente da AJE, a Asociación de Jóvenes Empresarios. Conta que precísamente, en 2013 cando iniciou a súa propia andaina empresarial, foi a súa antecesora Lucía Pedroso quen lle animou a dar o paso. Dous anos despois entrou a formar parte da directiva da asociación.
Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio, lembra esa declaración de principios e de ruta que quere seguir á fronte da entidade empresarial pontevedresa. Terá que volver afacerse á atención mediática, pero esta vez, el leva as rendas.