Sufocan un incendio nunha vivenda de Poio
Por Redacción
Unha tixola ao lume provocou un importante susto este domingo nun piso da Travesía de Viñas, en Poio.
Foi o dono da vivenda o que ao entrar en casa decatouse da situación e avisou rapidamente aos servizos de emerxencia.
Policía Local de Poio e Bombeiros do Salnés interviñeron con rapidez para evitar que o lume se propagase polo apartamento. De feito cando os bombeiros chegaron ao lugar o lume estaba xa apagado, aínda que faltaba por asegurar a zona.
Por fortuna só se produciron danos materiais e non foi necesario desaloxar aos veciños do edificio.
O suceso produciuse a última hora da tarde do domingo.