Amor polas dúas rodas na recuperada concentración moteira de Bueu
Por Redacción & Diego Torrado
Despois dun ano de ausencia, Bueu recuperou esta fin de semana a súa concentración moteira, na que é xa a súa sexta edición.
Centos de afeccionados ás dúas rodas gozan desde o venres dos actos programados polo Club Moteiros do Morrazo.
Durante a xornada de sábado desenvolvéronse a maior parte das actividades programadas, cunha ruta polo Lago de Castiñeiras, unha carreira de motos lentas, proba de decibeis ou unha exhibición de stunt, ademais dunha cea, unha ruta nocturna polas rúas de Bueu e un fin de festa.
A concentración, que chega este domingo 28 ao seu fin, conta cun parte solidaria ao habilitar unha recollida de tapóns que distinarán á Fundación Amigos de Galicia.
Ademais, a sexta Concentración Moteira de Bueu plantexouse como unha homenaxe a José Manuel Piñeiro, 'Fully', moteiro falecido o pasado mes de xuño.