Acento pontevedrés 'anti-San Valentín' para gañar a primeira edición de Youtubeir@s
Por Redacción
A primeira edición do concurso de vídeos na rede en lingua galega, Youtubeir@s, xa ten gañadores, que se deron a coñecer nunha gala celebrada no Teatro Principal de Ourense.
Un dos dous premios principais ten acento pontevedrés. Trátase do vídeo titulado 'Guiso especial Anti-San Valentín', elaborado polo grupo Corasón de Churrasco, residente na cidade de Lérez e no que participa Laura Prego.
Esta proposta foi a gañadora na categoría vídeo-facermos (videotutoriais que mostran como facer cousas), mentres a outra gran triunfadora foi 'Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca' na categoría vídeo-opinarmos, presentado polas youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño. Cada un destes vídeos leva un premio en metálico de 500 euros.
A primeira edición do concurso Youtubeir@s contou con máis de 200 participantes, nunha iniciativa dos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e tamén das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
En canto ao resto de premios, a mención honorífica foi para 'SmartFol G6! Unha Review moi especial', de David Otero Fumega, o premio de eficiencia comunicativa para o videotutorial 'Tortilla de Pascua' de Isabel Villanueva, a mención de honra á calidade técnica para '1000 rpm - A noite' de Miguel Rodríguez, e o recoñecemento á calidade lingüística foi para o IES Urbano Lugrís de Malpica por 'Seis pasos para falar malpicán'.
Relacionadas:
-
Youtubeir@s volve con 7.500 euros en premios e ánimo de formar novos difusores da lingua
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Volven os premios Youtubeiras, que este ano confían en bater todos os récords de participación
Por Redacción |
-
A Deputación inicia os pasos para integrarse na Asociación de Entidades Locais pola Lingua
Por Redacción |
-
Comezan os cursos gratuítos para aprender a realizar vídeos e participar en Youtubeir@s
Por Redacción |
-
Youtubeir@s, o concurso que quere encher a rede de vídeos en galego
Por Redacción |