Montecelo despide os últimos residentes e dá a benvida os novos
Por Redacción
A xerencia de Xestión Integrada celebrou este viernes o acto oficial de despedida dos 33 especialistas que remataron a súa formación nos hospitais e centros de saúde de Pontevedra e O Salnés e deu a benvida aos 39 novos residentes que se incorporan este ano para formarse en especialidades hospitalarias, medicina familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matronas) e enfermaría familiar e comunitaria.
O acto, presidido polo xerente José Ramón Gómez Fernández, celebrouse no salón de actos do hospital Montecelo. Na súa intervención, o xerente aconsellou aos novos residentes que aproveiten ao máximo os recursos que a partir de agora se poñen á súa disposición, "os técnicos e os materiais, pero sobre todo os humanos, xa que estes serán a vosa principal fonte de coñecemento", sinalou Gómez.
Por outra banda, o xerente animou aos xa especialistas que remataron a súa residencia nos centros sanitarios de Pontevedra a continuar formándose e actualizando os seus coñecemento en aras de acadar unha maior calidade na actividade asistencial e sempre mantendo como máxima prioridade o benestar e a saúde dos pacientes.
José Ramón Gómez rematou a súa intervención felicitando aos especialistas que finalizaron a súa etapa formativa e deu a benvida aos novos residentes que inician a súa etapa de formación no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, no hospital comarcal do Salnés e nos respectivos centros de saúde da área sanitaria.
Relacionadas:
-
O PP rexeita a iniciativa popular que garantiría por lei un Montecelo 100% público
Por Alejandro Espiño |
-
O Sergas incorporará en xuño unha pediatra no centro de saúde de Baltar
Por Redacción |
-
Prosagal protesta nas rúas contra o peche de camas hospitalarias durante o verán
Por Mónica Patxot & Redacción |