Unha queima sen permiso foi a causa dun incendio forestal en Bueu
Por Redacción
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Pontevedra informaron este venres do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Bueu.
O lume que tivo lugar o pasado 21 de maio na parroquia de Cela, no concello de Bueu e afectou a unha superficie aproximada de 1.000 metros cadrados de superficie arborada, foi debido a unha neglixencia do investigado á hora de realizar unha queima de restos forestais para a cal non solicitara o correspondente permiso.
Polos feitos foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao xulgado de garda de Marín.
No que vai de ano, son 38 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.