A Casa do Pobo de Beluso acolle catro xornadas adicadas ao monte
Por Redacción
O Concello de Bueu e a Universidade de Vigo colaboran na organización das xornadas "Avanzando na dinamización con recursos propios: o monte", que se celebrarán o 30 de xuño, e o 1,7 e 8 de xullo na Casa do Pobo de Beluso.
O programa inclúe charlas sobre experiencias exitosas no marco da reflexión sobre outras alternativas de aproveitamento do monte, área que vén preocupando desde fai tempo ao goberno local bueués.
Esta iniciativa parte do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecolóxica e xa ten aberto o prazo de matrícula, que establece dúas categorías, para a comunidade universitaria e as persoas empadroadas en Bueu, custará 19.50 euros, mentres que para o resto de persoas, 30 euros.