Ángel Moldes critica o goberno local por non solucionar os problemas dos veciños de Poio
Por Redacción
O grupo municipal do PP de Poio ofreceu este xoves en Combarro un almorzo informativo coa prensa para analizar a actuación do goberno de Poio nos dous anos trascorridos desde as eleccións locais de 2015.
O voceiro do PP, Ángel Moldes, debuxou un goberno local sen proxecto, ideas, nin solucións ós problemas dos veciños: "PXOM, a depuradora, as beirarrúas de Campelo, a PO-308... prometen o mesmo e non fan nada", dixo.
Moldes criticou que o "populismo de dicir o que a xente quere escoitar e prometer o que se sabe que non se vai cumprir xa se leva facendo en Poio 22 anos".
Para o voceiro popular "o bipartito só funciona cando o PP fai unha rolda de prensa ou cando a xente denuncia nas redes sociais". Ademáis sinalou que o PP é "o único partido que traballa para Poio 24 horas ó día, os 365 días do ano durante os 4 anos que dura a lexislatura".