Comenza unha primavera que MeteoGalicia prevé cálida e máis seca do habitual
Por Oskar Viéitez
"Lixeiramente máis seca" será a primavera, segundo MeteoGalicia. As previsións que se realizan a nivel europeo sinalan que os meses de abril, maio e xuño en Galicia rexistrarán un nivel de precipitaciones "normal" ou "lixeiramente" inferior a outros años.
As temperaturas din que serán "máis cálidas do habitual".
MeteoGalicia ven de facer público o informe climatolóxico do inverno 2012-2013, no que se conclúe que a Comunidade galega rexistrou un período climatolóxico de contrastes, xa que predominaron temperaturas máis cálidas do normal, sobre todo, nas áreas do litoral.
En relación ás precipitacións, este foi un inverno chuvioso, xa que en decembro de 2012 as precipitacións superaron os valores agardados o mesmo que en xaneiro.
Cuntis ten o record galego con 1.468 litros por metro cadrado.