AJE Pontevedra lánzase a organizar o primeiro 'Urban Startup Camp'
Por Redacción
A Asociación de Jóvenes Empresarios levará a cabo durante o mes de setembro, por primeira vez, unhas xornadas dedicadas a "fomentar a posta en marcha de iniciativas empresariais de ámbito urbano no comercio e sectores culturais e creativos", explicou a presidenta saínte de AJE, Lucía Pedroso.
Este proxecto, denominado Urban Startup Camp, terá tres días de duración nos que se desenvolverán diferentes actividades e en diferentes formatos para asesorar a novos emprendendores, con charlas e sesións de orientación con profesionais.
Urban Startup Camp estará está dirixido a emprendedores cunha idea en marcha e tamén a persoas con inquietudes emprendedoras que desexen explorar novas ideas ou modelos de negocio. Ademais tamén poderán participar proxectos empresariais de nova creación que pretenden afianzarse ou captar financiamento.
Os eventos serán abertos, previa inscrición, dividíndose en tres apartados en función do desenvolvido do proxecto. Así a primeira fase, denomianda 'Ready' sería a destinada ao desenvolvemento dunha idea; a segunda ou 'Steady' trataría de mellorar a captación de fondos, programas de financiamento ou mellora de aspectos como o márketing dixital ou o social media; mentres a terceira é a fase 'Go', que se baseará no lanzamento dun proxecto.
Cada unha destas fases, con asesoramento individualizado, contará cun límite de 30 prazas, con inscrición de balde.