Interceptan no Campiño un condutor con 500 dosis de cocaína
Por Redacción
Un mozo de 34 anos, veciño de Meis, foi detido pola Garda Civil despois de que os axentes sorprendérano en posesión dunhas 500 doses de cocaína. Foi interceptado nun control que o instituto armado establecera nos accesos ao polígono industrial do Campiño.
Segundo informou a Garda Civil, o condutor foi localizado sobre as seis da tarde de onte martes 23 de maio.
O condutor tratou de escapar ao decatarse do control e manobrou bruscamente para cambiar o sentido da marcha. Os axentes perseguírono e puideron localizar ao vehículo cando trataba de ocultarse nunha das empresas do polígono industrial.
Ao identificar o condutor, os axentes comprobaron que se trataba da mesma persoa que fora detida o pasado mes de abril, no mesmo lugar e coa mesma cantidade de cocaína.
Nesta ocasión, o mozo non levaba a droga consigo, nin tampouco se lle atopou no vehículo. Pero tras unha busca exhaustiva pola zona, a Garda Civil localizou unha bolsa de plástico, preto do coche, con algo máis de 500 doses de cocaína, da que tratara de desprenderse.
O xulgado de instrución de garda de Pontevedra, onde foron trasladados o detido e a droga incautada, decretou a súa liberdade con cargos.