Xa se sortearon as prazas para os campamentos polideportivos
Por Redacción
Este mércores tivo lugar o sorteo das 300 prazas para o programa "Campamentos Polideportivos" que se desenvolverá entre xullo e agosto nas instalacións que a Deputación de Pontevedra ten en Príncipe Felipe.
A gran novidade da edición deste ano, amais das 30 prazas reservadas para nenos de Príncipe Felipe, son os descontos para familias numerosas que ascenden ao 20%, para aquelas con ata tres fillos, e ao 30%, as que teñan máis de tres fillos.
Esta nova edición dos Campamentos Polideportivos, cun prezo de 125 euros por persoa, oferta 300 prazas dirixidas a nenos nados entre o 2003 e 2010 co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapaces, así como favorecer a comunicación e dinamismo multicultural.
Para acadalo, os campamentos presentan un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos e calquera outra que contribúa a ese obxectivo. Máis polo miúdo, haberá saídas ao medio natural, un parque multiaventura, tiro con arco, deportes en equipo, actividades acuáticas o obradoiros.
Os Campamentos Polideportivos de Príncipe Felipe desenvolveranse entre o 10 de xullo e o 26 de agosto en seis quendas de cinco días de duración cada unha.
Os resultados das prazas adxudicadas para o programa de Príncipe Felipe poderán consultarse a partir de mañá na páxina web www.depo.es.