Veciños da rúa Cordón denuncian o abandono do seu barrio
Por Redacción
Os veciños da rúa Cordón, en Lérez, demandan o mesmo trato que o resto de ámbitos urbanos. Aseguran que o seu barrio atópase completamente abandonado pola administración e presenta notables deficiencias que complican o seu día a día.
A pesar de que esta situación xa foi denunciada ante o Concello, segundo explicaron, por agora o goberno municipal non tomou medidas para solucionalo.
Entre outros problemas, os veciños relatan que os sumidoiros se atopan atrancados e afundidos sobre a calzada, apenas hai papeleiras na rúa e os servizos de limpeza non pasan de forma habitual pola zona.
Ademais, denuncian que as beirarrúas están sucias e cheas de herbas, que a maleza invade as zonas comúns, que as prazas de aparcadoiro atópanse sen pintar, que os sinais están rotos, que non hai colectores de reciclaxe e que o asfalto da rúa está cheo de fochancas e de parches, algo que dificulta a mobilidade de peóns e vehículos.
Con respecto ao tráfico, os veciños reclaman tamén que se eleven os pasos de peóns ante a "elevada" velocidade co que circulan os vehículos que baixan por esta rúa desde Juan Bautista Andrade "coma se fora unha zona de atallos".