David Meca sorpréndese en Twitter co titular de PontevedraViva sobre o xabaril nadador
Por Redacción
"Menudo rival más feroz me ha salido", con esta expresión o nadador David Meca fixo referencia no Twitter ao titular de PontevedraViva sobre a noticia do xabaril que foi atopado mentres nadaba entre as bateas da ría de Arousa.
El jabalí que se creyó David Meca. (Menudo Rival más feroz me ha salido!!!)pontevedraviva.com/es/xeral/341/j vía @pontevedraviva
David Meca (@_davidmeca) octubre 11, 2012
A través da súa conta oficial, o tres veces campión do mundo bromea en relación coa nova titulada "O xabaril que creu ser David Meca". Ademais, o nadador catalán ofrece o enlace de PontevedraViva para que os seus seguidores poidan ler directamente a noticia na nosa páxina web.
O nadador español de longa distancia en augas abertas foi campión do mundo tres veces, e conta con máis de 100 títulos internacionais. David Meca é coñecido tamén polos seus incribles retos. Entre outras marcas acadou o récord de cruzamento do Estreito de Xibraltar, ademais de ser o primeiro home en facer o percorrido entre a illa de Mascato e a costa de San Francisco con grifóns nos pés.
En 2010, cruzou a ría de Arousa saíndo do Porto de Vilagarcía ata chegar a Pontecesures con motivo dos actos do ano Xacobeo.