Minuto de silencio polas vítimas de Manchester
Por Oskar Viéitez
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra gardou un minuto de silencio nunha concentración celebrada este martes 23 de maio, ás 12:00 horas, ante a súa sede institucional na Praza de España.
Con este xesto, a Subdelegación quere mostrar a súa repulsa e condena polo atroz atentado cometido onte á noite en Manchester que custou, ata o momento, 22 vítimas mortais.
"Despues de manifestar nuestra más absoluta condena, intentar que no sean capaces de cortar nuestra vida cotidiana", sinalou a subdelegada, Ana Ortiz.
Con esta convocatoria tamén se quixo trasladar ás vítimas e os seus familiares toda a solidariedade. Durante este martes 23 de maio as bandeiras do edificio gobernamental lucirán a media asta en sinal de dor.
Aínda que polo momento non se ten constancia de vítimas españolas, o Goberno español puxo a disposición dos cidadáns o teléfono de emerxencia consular +447801371704. Así mesmo, facilitou un teléfono de emerxencia da Policía británica: +441618569400.