Ferido un motorista nunha caída en Vilagarcía
Por Redacción
Un motorista resultou ferido na noite deste luns tras caer da moto que conducía en Vilagarcía de Arousa, segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112.
Un particular alertou do sucedido pasadas as 22.00 horas, indicando que accidente se acababa de producir na avenida de Cambados, preto do centro comercial de Vilagarcía.
A persoa que chamou xa indicaba que estaban á espera dunha ambulancia para asistir ao motorista ferido. A partir de aí, dende o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e de Protección Civil de Vilagarcía, así como dos bombeiros.
Segundo a información do 112, o ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital do Salnés.