Arde unha adega en Poio onde se atopaba gardada un depósito de gasóleo
Por Redacción
Un incendio nunha adega provocaba a alarma este luns na localidade de Combarro en Poio ao redor das 12.30 horas.
A construción afectada polas lapas atopábase situada a poucos metros dunha vivenda de A Costa de Arriba.
Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112, o lume causou danos materiais calcinando por completo todos os bens que se acumulaban nesta adega, salvo un depósito de gasóleo.
Unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia alertando do inicio do incendio. O persoal alertaba ao GES de Sanxenxo, aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e á Policía Local de Poio. Tamén se avisaba ao parque de Bombeiros de Pontevedra, que finalmente non chegaron a intervir neste suceso.