A Xunta agarda contratar este ano as obras da senda Vilaseca-Lapamán, en Marín
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, presentou en rolda de prensa o plan de sendas na comarca do Morrazo, que prevé a construción de oito novas sendas que suman 10 quilómetros e un investimento duns 3 millóns de euros.
Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta xa está traballando no proxecto da senda Vilaseca – Lapamán, en Marín, para iniciar este ano a contratación das obras, e ademais o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o inicio da contratación da redacción dos proxectos construtivos doutras sete sendas.
A titular de Infraestruturas precisou que este plan recolle actuacións tan importantes como a citada senda dun quilómetro e medio, que unirá Vilaseca e Lapamán, que xunto coa de 800 metros entre Bagüín e Seixo permitirá un itinerario peonil que percorrerá Marín ao completo pola costa. A Xunta agarda contratar este ano as obras.
Entre os itinerarios proxectados no plan de sendas para a comarca do Morrazo están os de Vilaseca- Lapamán, Bagüín-Seixo, Pardavila-Cadro e o de Coirados-Pardavila (en Marín) e o Alto da Portela - CG4.1 e Trasouto - Alto da Portela (Bueu).
Relacionadas:
-
A veciñanza traslada as súas suxestións sobre a senda de Lapamán á conselleira Ethel Vázquez
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Publican as expropiacións para facer da senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Oskar Viéitez |
-
Impulso á senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Diego Espiño |
-
A Xunta licita a construcción de 13 sendas na comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda entre Vilariño e o polígono do Salnés
Por Oskar Viéitez |