Pedro Sánchez gaña as primarias do PSOE: en Pontevedra, case dobra a Susana Díaz
Por Alejandro Espiño
Pedro Sánchez será o novo secretario xeral do PSOE. O ex líder socialista regresa pola porta grande e derrotou claramente á gran favorita, a presidenta andaluza Susana Díaz. Os militantes apoiaron de forma maioritaria a opción do madrileño, que logrou un 50,21% dos votos, un total de 74.223 persoas. Son datos co 99,23% escrutado.
Susana Díaz, que contaba co apoio do aparello do partido e coa maioría dos baróns rexionais, quedou no 39,94% dos votos, o que se traduce en 59.041 militantes.
Un 9,85% dos militantes socialistas que participaron nas primarias decantáronse polo ex lehendakari Patxi López, que sumou 14.571 votos.
O triunfo, que logrou en todas as comunidades autónomas salvo Andalucía e País Vasco, tamén se produciu claramente en Galicia.
A candidatura de Sánchez foi a opción preferida para os militantes galegos do PSOE. Logrou o 65,74% dos votos (5.442) polo 27% (2.235) de Susana Díaz, e venceu en todas as grandes cidades de Galicia.
En Pontevedra, os socialistas tamén apoiaron a Sánchez. Cunha participación altísima, de 260 militantes (o 82% do censo), seus foron 154 votos, o 59% do total. Susana Díaz recibiu o apoio de 82 militantes (32%) e Patxi López de 23 (9%).
Significativo foi ademais o apoio que Pedro Sánchez logrou en Vigo. A pesar de que a presidenta andaluza contaba co apoio, entre outros, de Abel Caballero e Carmela Silva, Sánchez venceu na cidade olívica, ao sumar 313 votos fronte aos 254 de Díaz.
Tras confirmarse o triunfo de Pedro Sánchez, sucedéronse as reaccións desde as filas socialistas galegas
Noraboa a @sanchezcastejon e a toda a militancia do @PSdeG @PSOE Unha vez máis, exemplares. Grazas. Xuntos e con moito traballo por diante
— PSdeG (@PSdeG) 21 de mayo de 2017
Una demócrata siempre reconoce los resultados y los admite. Ha ganado Pedro Sánchez y hay que reconocerlo.
— Carmela Silva (@carmelasilva) 21 de mayo de 2017
Relacionadas:
-
Os partidarios a Pedro Sánchez copan a lista provincial para o congreso federal do PSOE
Por Redacción |
-
Eduardo Madina, 'embaixador' de Susana Díaz en Pontevedra: "Yo solo contemplo que gane ella"
Por Alejandro Espiño & Alba Sotelo |
-
Pedro Sánchez recruece en Pontevedra, a cidade de Rajoy, as súas críticas á corrupción no PP
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva ve a Susana Diaz como a única "con capacidade para unir e fortalecer" o PSOE
Por Natalia Puga |
-
Patxi López, parada pontevedresa para defender a integración no PSOE: "Si seguimos divididos, perderemos todos"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Un Pedro Sánchez "muy animado" polas primarias do PSOE dáse un baño de masas en Ponte Caldelas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |