A campaña da Deputación do certificado de calidade turística Sicted acada un centenar de novas adhesións
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou este venres que a campaña iniciada pola institución provincial para aumentar o número de empresas co certificado de calidade turística SICTED foi "todo un éxito" ao cifrar en cen empresas as que solicitaron a súa adhesión.
Carmela Silva recordou que a campaña de promoción para a implantación do certificado de calidade do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) entre o sector turístico da nosa provincia concluíu o pasado martes coa última xuntanza comarcal para presentar o selo de calidade ao sector turístico de cada zona.
A campaña é moito máis ampla xa que ofrece todo o asesoramento e formación necesaria para que cada empresa que queira adherirse poida superar os exames.
Silva subliñou que "o resultado destas dez xuntanzas ao longo da provincia foi espléndido. Acadamos un resultados moi por riba das nosas previsións, que como sempre eran moi cautas. Calculamos un obxectivo de aumentar nun vinte por cento o número de empresas co certificado SICTED e neste intre xa estamos por riba do 50%".
Ate finais de 2016, na provincia de Pontevedra 203 empresas contaban con este certificado e "tras a campaña destes primeiros meses do ano acadamos outras cen firmas, de dezaseis concellos, que van desenvolver o seu certificado de calidade". Entre as novas adhesións destacan 12 restaurantes da provincia e as primeiras empresas de organización de congresos, aluguer de embarcacións, convention bureaux, turismo industrial e campo de golf.
DEGUSTA EUROPA
Por outra parte, Carmela Silva tamén quixo facer unha valoración do proxecto "Degusta Europa: A gastronomía do Camiño" que tivo a participación de doce mil persoas, dúas mil máis que no ano anterior.
"Degusta Europa" percorreu os mercados de abastos das cidades de Vigo, Tui, Baiona, Pontevedra, O Grove e Soutomaior.
Relacionadas:
-
Sanxenxo entrega os seus premios á "Calidade Turistica"
Por Oskar Viéitez |
-
Lisboa déixase seducir polas Rías Baixas
Por Redacción |
-
O mercado de Pontevedra "degusta Europa" da man do Carlos Oroza
Por Alejandro Espiño |
-
Alumnos do Carlos Oroza amosarán en Pontevedra e O Grove a gastronomía dos camiños xacobeos
Por Redacción |
-
Todos para unha e unha para todos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Casal de Ferreirós presume de calidade turística
Por Redacción |
-
74 empresas de Sanxenxo optan a obter o SICTED de Turespaña
Por Redacción |