O Sagrado Corazón convida os pontevedreses a compartir os seus soños cun ser querido polo seu 60 aniversario
Por Mónica Patxot
A praza da Peregrina encheuse de soños este venres con motivo da celebración do 60 aniversario do colexio plurilingüe Sagrado Corazón de Pontevedra. O alumnado de sexto curso de Primaria e primeiro de ESO representou unha performance animando á cidadanía para compartir os seus soños cun ser querido.
Os alumnos realizaron a actividade en nome da comunidade educativa entre as 11.30 e as 13.00 horas e acompañárona de actuacións musicais e de baile tanto para dar a coñecer os 60 anos do colexio como para poñer punto final aos actos celebrados durante a Semana da Solidariedade, Sagrado +, celebrada recentemente.
Este venres, o colexio tamén acolleu a cerimonia de gradación da promoción 2017. Nela, os alumnos de segundo de bacharelato recibiron as súas bolsas e orlas nun emotivo acto coa asistencia das súas familias e do equipo educativo.