O Concello saca a concesión pública dos quioscos da praia fluvial e de Barcelos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra aprobou iniciar o proceso de concesión dos quioscos da praza de Barcelos e da praia fluvial.
Dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, os interesados terán un prazo de 30 días hábiles para presentar as súas ofertas, seguindo os pregos técnicos no caso de cada quiosco.
Son dúas instalacións municipais que o Concello quere sacar en concesión para os vindeiros cinco anos, de tal xeito que teñan unha continuidade na apertura de ambos locais.
Serán por un período de cinco anos cada un e os concesionarios deberán achegar un canon de 1.100 euros/ano no caso da praia fluvial e de 2.400 euros/ano en Barcelos.
O gañador da concesión de Barcelos deberá facer obras para devolver o quiosco ao seu estado orixinario. Unha das partes do quiosco terá que empregarse para almacén.