Bueu garante que a auga das fontes públicas é apta para o consumo
Por Redacción
O Concello de Bueu xa ten os resultados das analíticas realizadas nas fontes públicas. O exame garante, sinalan desde o goberno municipal, que son aptas para o consumo.
Así o avalan os informes das analíticas feitas en Fonte da Vila, Fonte Abilleira, Fonte do Sobado, Fonte Nova, Fonte Udra, Fonte de San Amedio, Fonte dos Santos Reis, Fonte Quintáns, Fonte Gándará, Fonte Igrexario, Fonte Meáns, Fonte Barca, Fonte do Lagoeiro (Cividade de Abaixo) e Fonte da Casela.
Estas analíticas, apuntou a concelleira de Sanidade, Teresa López, vanse seguir realizando co obxectivo de que a veciñanza poida coñecer a salubridade de cada un destes espazos en todo momento.