Unha festa anima ás familias do proxecto Apego a pasar un día en familia en galego na Illa do Covo
Por Natalia Puga
O proxecto Apego, no que participan 200 familias de Pontevedra e ao redor de 3.000 dun total de 23 concellos galegos, vivirá o vindeiro sábado 27 de maio unha festa ao grande á que están convidados todos os participantes da comunidade. Será na Illa do Covo de Pontevedra e a convocatoria é moi clara: "que veñan a pasar un día en familia en galego".
O concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña, lembrou a importancia do programa Apego, que xurdiu coa "idea de crear unha comunidade arredor da propia lingua", e explicou que esta festa supón clausúraa da quenda de primavera do proxecto cun amplo programa de actividades que se desenvolverá entre as 12.00 e as 19.00 horas.
Apego está pensado para fomentar e mellorar a trasmisión do galego como lingua inicial na familia, pero tamén como lingua de socialización, para que os nenos crezan descubrindo a vida a través da lingua propia de Galicia de forma natural e sen complexos. Para cumprir este obxectivo resultan importantes accións como esta Festa do Apego, na que adultos e nenos terán posibilidade de coñecer a outras familias que apostan por esta filosofía e gozar, bailar, cantar, aprender e imaxinar xuntas en galego.
O programa inclúe actividades con música, contos e xogos e desde o Concello de Pontevedra anímase ás familias para participar e levar a súa manta e a súa picnic para gozar da festa. En caso de choiva, as actividades trasladaranse ao Pazo da Cultura.
A programación inclúe ás 12.00 e as 16.00 horas o obradoiro-espectáculo 'Percubebés' de Marcelo Dobode e Bea Martínez, no que os nenos decubren o mundo das percusións o arpa. Ás 12.00 e as 17.00 horas chegará 'Tirando do fío', un espectáculo de narración oral de Fátima Villamel; e tamén ás 12.00, as 12.45, as 16.30 e as 18.00 horas será a quenda do roteiro guiado polo narrador, actor e titiritero Inacio Vilariño pola o Illa do Covo.
Ás 12.45, as 16.30 e as 18.00 chegará o prelibro da 'Alfombra máxica' de Babaluva, que anima aos nenos para mergullarse nunha viaxe sensorial. Ás 16.00 será a quenda dos nanocontos de Raquel Queizás e ás 18.00 horas As Fedellas (Purpurina e Brillantina) contarán a historia de 'A bomboreta Rosetta'.
A vertente musical chegará da man de Magín Branco co seu 'Gatuxo' ás 13.15 horas e dos Golfiños, co seu espectáculo 'Té, chocolate, café' ás 19.00 horas.
Relacionadas:
-
Con decembro volven os obradoiros de Apego para axudar á comunicación en lingua galega entre familias
Por Redacción |
-
RADIO.- A Playlist de... Raquel Queizás: Bravo pola titiriteira!
Por Marisa Ciordia |
-
Xornada de 'Apego' en familia na Illa das Esculturas
Por Redacción |
-
Máis de 50 actividades enchen maio de Lingua
Por Redacción |
-
Volven os obradoiros de Apego para fomentar a transmisión familiar da língua galega
Por Redacción |