Un operario de Moraña sufre un accidente laboral tras cortarse cunha serra eléctrica
Por Redacción
Un home resultou ferido tras sufrir un accidente laboral na nave da empresa para a que traballa. O operario cortouse cunha serra eléctrica.
Segundo informou o 112 Galicia, o home, no momento de producirse o accidente laboral, atopábase traballando na nave dunha empresa situada no polígono de Frieira.
O ferido foi trasladado por Urxencias Médicas do 061 ao Hospital Domínguez de Pontevedra.
Desde o 112 tamén se deu aviso á Garda Civil e a Protección Civil de Moraña, que acudiron ao lugar do accidente.