Unha avaría na rede xeral afecta ao abastecemento de auga en Cuntis
Por Redacción
Operarios municipais do Concello de Cuntis e da empresa concesionaria Espina y Delfín están a traballar na reparación da rede de abastecemento de auga.
Unha avería na rede xeral producida por unha rotura na tubaxe deixou sen este servizo básico a parte dos veciños do municipio.
O rotura produciuse na estrada provincial EP 8402. Unha retroescavadora abriu unha gavia para acceder á canalización.
Dende o goberno local agardan que este servizo se restableza "o antes posible".