O novo cónsul de Chile para o sur de Galicia visita Pontevedra
Por Redacción
Manuel Dopico Gómez-Aller, novo cónsul honorario de Chile para o sur de Galicia realizaba este xoves 18 unha visita institucional ao Concello de Pontevedra cunha entrevista co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.
O representante diplomático sinalaba que os chilenos residentes en Pontevedra poderán presentar a súa documentación na oficina do novo consulado situada no edificio número 27 de cálea República Arxentina en Vigo. Desde este departamento realizaranse as tramitacións necesarias co consulado con sede en Madrid.
Dopico indicou que o obxectivo da embaixada é favorecer as relacións institucionais, culturais e comerciais entre Chile e Galicia.
Por este motivo, o cónsul afirmou que está interesado en manter encontros cos empresarios da cidade para tratar de establecer lazos comerciais.