Poio pon en marcha do punto limpo móbil para a recollida de voluminosos
Por Redacción
O Concello de Poio e a empresa Valoriza Servicios Medioambientales porán en marcha os próximos cinco venres un novo sistema para a recollida de enseres domésticos de proximidade mediante un punto limpo móbil para facilitar aos veciños a entrega de voluminosos.
A idea é concienciar á poboación e evitar así o abandono de enseres nas vías públicas ou montes da zona facilitando a entrega nas diferentes parroquias do concello.
O punto limpo contará con un operario que informará os usuarios sobre os métodos que existen para xestionar estes enseres da forma máis rápida e cómoda.
Instalaranse nas siguintes zonas en horario de 9 a 13 horas:
- 19 de maio: Estacionamento da rúa Oliveira - San Salvador (xunto o parque de Ankar).
- 26 de maio: Explanada de la Seca - San Xoán (xunto o colexio Isidora Riestra).
- 2 de xuño: Paseo marítimo de Combarro.
- 9 de xuño: Plaza Alfredo Romay Besada (Samieira).
- 16 de xuño: Parque infantil de Raxó na rúa Leopoldo Novoa.