Eliminan especies invasoras do noiro entre Portocelo e Aguete
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín continúa coas obras de mantemento dos parques infantís do municipio.
Nesta ocasión, foi reparada toda a varanda exterior do parque que está na praza Ponteporto. Este parque é moi utilizado polos nenos desta contorna e polo centro infantil que está alí situado.
Ademais continúan os traballos de acondicionamento do viario de praias, unido ás actuacións nos distintos areais. Neste viario, que acaba de revalidar a súa condición de Sendeiro Azul, os operarios ocupáronse este luns do noiro existente entre Portocelo e Mogor.
A actuación está a levala a cabo unha empresa especializada, conta coa autorización de Costas e dá continuidade aos labores realizada anos atrás para eliminar especies invasoras así como acacias e eucaliptos.