Marín terá desfibriladores nas súas praias
Por Redacción
As catro praias de Marín que contarán este ano con servizo de vixilancia e socorrismo -Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo- terán desfibriladores externos semiautomáticos para atender posibles emerxencias.
Así o comunicou o goberno municipal, tras a reunión que mantiveron as concelleiras de Turismo e Medio Ambiente, Cristina Acuña e Marián Sanmartín, con representantes da Asociación de Socorristas Profesionais do Morrazo.
Estes desfibriladores, segundo o Concello, resultan imprescindibles ante a presenza nas súas praias dunha poboación maioritariamente de idade avanzada.
Ademais, Marín será o primeiro concello en seguir as indicacións de uniformidade dos socorristas e así ser mellor recoñecidos nestes areais, cada vez máis frecuentados polos turistas.
En canto ao persoal neste servizo, Marín optou por resolver o problema da escaseza de socorristas en tempadas anteriores creando un curso durante a tempada de inverno para ter novos socorristas.
Á parte disto, colaborará con actividades de formación que esta asociación profesional desenvolverá no municipio, realizando nunhas semanas un taller de reciclaxe para os socorristas e así, afianzar conceptos e familiarizarse co novo material que dispoñerá este concello.
Relacionadas:
-
Marín ponse ao choio para arrombar as súas praias de cara o verán
Por Redacción |
-
Marín contratará 24 persoas para vixiar as súas praias no verán
Por Redacción |
-
Ao bo tempo socorristas nas praias de Marín... de probas
Por Redacción |
-
Marín e Bueu preparan 32 futuros socorristas para o verán
Por Antía Fernández Buján |
-
Marín e Bueu estudan coordinar os seus socorristas con Moaña e Cangas
Por Redacción |