Meis 'ármase' para rozar todo o municipio
Por Redacción
Cinco rozadoras e un biotriturador. É o material que vén de adquirir o Concello de Meis para acondicionar todos os viarios do municipio.
O goberno municipal investiu 6.408,75 euros máis IVE na compra destas ferramentas.
O alcalde de Meis, José Luis Pérez, quere con esta decisión reforzar o equipamento dotando ao persoal dunhas máquinas necesarias para o labor de roza e acondicionamento dos viarios.
Entende que, debido á gran extensión de terreo que ten o municipio, os labores de roza son moi complicadas e por iso o alcalde agradece a todos os veciños a súa paciencia e comprensión.
O Concello asegura que desa forma o persoal do concello poderá axilizar máis estes traballos.