O Supremo ratifica a condena de cinco anos de prisión para un veciño de Poio que abusou dunha nena
Por Oskar Viéitez
A Sala do Penal do Tribunal Supremo ven de confirmar a pena de cinco anos de prisión que impuxo a Audiencia Provincial de Pontevedra a un veciño de Poio de 71 anos, Valentín I. P., como autor dun delito de abuso sexual a unha menor que no momento dos feitos tiña 11 anos de idade.
Segundo a sentenza da Sección Segunda da Audiencia, o septuaxenario realizou tocamentos de carácter sexual durante meses á nena, á que recollía a diario nun colexio de Pontevedra.
Durante o xuízo, celebrado en mayo de 2012, o acusado explicou que a súa muller traballaba como empregada de fogar na casa dos pais da menor na Caeira e que el, durante os últimos cinco anos, encargábase de levar e recoller á menor no colexio. Co propósito de evitar o habitual atasco de tráfico na ponte da Barca, o acusado deixaba o seu vehículo aparcado no centro comercial de Carrefour en Poio e percorría a pé a distancia entre o aparcamiento e o centro escolar, dixo.
O fallo do tribunal, agora ratificado, recolle que entre finais de 2010 e ata o 20 de xuño de 2011, o acusado aproveitaba o seu paso polo centro comercial para realizar á menor "tocamentos e manoseos" de carácter sexual e libidinoso.
O feito foi destapado por tres empregadas de varias tendas situadas no centro comercial A Barca, que son "testemuñas presenciales dos feitos" e que "ningunha relación gardan nin co acusado nin coa menor", destacan as maxistradas da Audiencia. O tribunal significa a existencia de testemuñas como unha circunstancia excepcional neste tipo de delitos.
O feito foi destapado por tres empregadas de varias tendas situadas no centro comercial A Barca
A sentenza considera que durante o xuízo, celebrado o pasado 11 de maio, as empregadas do centro comercial proporcionaron "un testemuño claro e expresivo do ocorrido" cunhas manifestacións "pormenorizadas, contundentes, invariables e claras", di o tribunal. As empregadas realizaron "tarefas de vixilancia" nas que, segundo a sentenza, en polo menos cinco ocasiones o acusado fixo este tipo de tocamentos á menor, que non podían confundirse con xestos de agarimo, senón que eran actos de carácter sexual "nin normais, nin tolerables".
Considerando que existe a agravante de abuso de confianza
Igualmente no seguimiento efectuado por axentes da Policía Nacional comprobouse a existencia destes manoseos. Considerando que existe a agravante de abuso de confianza pola relación especial que tiña o acusado cos pais da menor o tribunal condena a Valentín I.P. a cinco anos de prisión e prohíbelle aproximarse ou comunicarse coa vítima durante un periodo de 10 anos.
O Alto Tribunal resolve agora que a sentenza da Audiencia de Pontevedra é correcta. Tamén lle impón unha multa de 9.000 euros por danos morais.