O exministro Caamaño leva ao Parlamento as pingueiras do Oroza
Por Oskar Viéitez
O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, xunto a outros deputados pertencentes ao Grupo Socialista, presentan este martes ante a Mesa do Parlamento de Galicia una iniciativa sobre o mal estado de conservación das instalacións do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra.
"Ante as noticias aparecidas nos últimos días en diferentes medios de comunicación, en relación co mal estado de conservación das instalacións", comeza o escrito, "e considerando que este tipo de centros pretenden ser unha referencia de calidade no mundo da Formación Profesional", os socialistas preguntan se o conselleiro ten constancia do mal estado no que se atopan as instalacións.
E tamén preguntan "que actuacións ten previsto levar a cabo a Consellería para solucionar esta situación".
O pasado mes de xaneiro os alumnos do ciclo de Xestión de Aloxamentos Turísticos do Carlos Oroza denunciaron a existencia de pingueiras entre outras deficiencias no edificio propiedade da Deputación. O Concello leva anos reclamando a construcción dun nuevo centro e xa puxo uns terreos a disposición da Xunta.