Nova vida para o Cruceiro das Ánimas de Lamas
Por Oskar Viéitez
Estes días estanse a completar os traballos de adecuación do viario situado no Cruceiro das Ánimas de Lamas, en San Martiño parroquia de Meis. Estes traballos teñen un custo de 7.125,50 euros dos cales a Deputación de Pontevedra achegou 6.177,90 euros e o resto o concello de Meis.
O Cruceiro dás Ánimas de Lamas está datado no ano 1832, segundo a inscrición que figura ou seu pé, polo tanto, é un BIC, Ben de Interés Cultural, e esta sometido a ou réxime xurídico previsto pola lei d epatrimonio cultural de Galicia.
Situado nun cruzamento de camiños, estaba composto a primeira ollada por unha base cúbica, un fuste que ten ou seu pe un peto de ánimas, ao longo do fuste varios santiños, rematado nun capitel.
A cruz decorada estaba moi fragmentada e foi gardada por Dolores Padín durante mais de 30 anos, xunto cun torso do Cristo e a Virxe do Carme.
Segundo as características doutros cruceiros dá zona, e por conversas cos veciños, se pensa que debía ter unha grada soterrada; decidiuse entón realizar unha cata na que apareceron os chanzos soterrados
Despois de realizar a escavación e retirar todo os chanzos cos seus pasos numerados, procedeuse a realizar unha soleira na que asentar novamente eses 5 chanzos xunto co pedestal, ocupando unha extensión de 3,12 x 3,12 metros de lado.
A cruz moi decorada e fragmentada, esta sendo restaurada anaco a anaco, sendo ou traballo delicado e dunha gran laboriosidade. Entre tódolos anacos atopados reconstrúense dous querubíns que coroan a Virxe. Por sorte, todos os membros do Cristo están localizados o que facilitou a restauración. Esta restauración esta sendo realizada por Xosé Lomba.
Nesta segunda fase estase a acondicionar os accesos que circundan o cruceiro, e finalizarase colocando ou cruz totalmente restaurada.