Bueu pide a Sanidade un médico para a illa de Ons durante o verán
Por Redacción
As visitas á illa de Ons increméntanse "considerablemente" durante o verán. Por iso, o Concello de Bueu considera "indispensable" que haxa un médico atender as urxencias que se poidan producir, ante a distancia que existe ata o centro de saúde máis próximo.
O goberno municipal fai súas as demandas dos propios veciños da illa e da Asociación de Médicos Interinos de Galicia. Este colectivo profesional chegou a realizar unha petición formal á Xunta que, segundo o Concello, foi rexeitada ao entender Sanidade que o arquipélago non conta cunha poboación permanente.
Con este argumento, sinala o alcalde Félix Juncal, "non estamos de acordo" no Concello, porque engade que a día de hoxe "se falta á verdade" cando se asegura que se pode ir en barco á illa desde o porto de Bueu.
Esta demanda, lembra Juncal, "é un asunto que levamos pedindo anos" e que nunca foi atendido pola Xunta de Galicia.
Ao entender que se trata dunha situación "inadmisible", o goberno municipal presentará unha moción ao pleno para que a corporación inste a Sanidade a aceptar a creación dun servizo médico en Ons durante os meses de verán.
Relacionadas:
-
Case 90.000 persoas desembarcaron este verán na illa de Ons
Por Redacción |
-
Bueu aproba o nomeamento da illa de Ons como Área de Rehabilitación Integral
Por Oskar Viéitez |
-
O Parlamento pide á Xunta que declare Ons como área de rehabilitación integral
Por Redacción |
-
Evacúan en helicóptero unha nena da illa de Ons tras unha caída nunha festa
Por Redacción |