Queda durmido ao volante e cae ao río do Con en Vilagarcía
Por Redacción
Un home foi rescatado polos servizos de Emerxencias despois de que caera ao río do Con con o seu coche na parroquia de Arealonga, na Laxe en Vilagarcía de Arousa.
Segundo informa o servizo de Emerxencias do 112, foi o propio condutor quen alertaba ao 112 ás 01.00 horas da noite deste xoves 11. O home, que viaxaba só, relatou que quedou durmido ao volante caendo ao río co vehículo.
O Centro de Atención do 112 Galicia informaba deste incidente aos Bombeiros de Vilagarcía, a Urxencias Médicas, á Policía Local e a Protección Civil de Vilagarcía.
O condutor foi trasladado ata o Hospital do Salnés, aparentemente sen danos de gravidade, segundo os servizos de Emerxencias mentres que o turismo tivo que ser retirado da canle do río cun guindastre.