O pleno de Marín abordará a concesión do servizo de lixo á empresa Recolte
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Medio Ambiente do concello de Marín, Marián Sanmartín, propuxo ao pleno da corporación a contratación da empresa Recolte como concesionaria do servizo público de recollida, transporte e tratamento de residuos doméstico e asimilabres no Concello de Marín.
A da empresa Recolte foi a oferta economicamente máis vantaxosa e mellor valorada pola mesa de contratación, polo que se propón como adxudicataria.
Ademais ofrece as instalacións máis idóneas, dado que a nave está situada no polígono industrial de Barro, sen vivendas próximas e o seu plan de organización de servizos é un dos "máis coherentes, ben estruturados e con xustificación da súa dimensionamiento. Ademais o número de persoal proposto adáptase ás prestacións previstas".
En canto a dotación de medios materiais a concelleira considera que "é adecuada" e o número de colectores propostos é a oferta "máis completa" e propón "o mellor sistema de xestión da calidade e o mellor Programa de motivación social e información cidadá".
Por tanto, Marián Sanmartín pedirá o apoio de todos os grupos municipais a esta proposta "que conta con todos os informes favorables".
Relacionadas:
-
Marín estreará en dous meses o novo sistema de colectores de lixo
Por Redacción |
-
Marín contará con novos colectores de lixo
Por Oskar Viéitez |
-
A nova empresa de limpeza viaria de Marín inicia a súa actividade este martes
Por Oskar Viéitez |
-
Duras críticas do BNG á adxudicación do contrato de lixo a unha empresa que pagará impostos en Barro
Por Redacción |
-
Recolte é a principal aspirante ao contrato da recollida de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez |