O codillo estufado con guarnición, opción elixida para a XVII Festa do Codillo
Por Redacción
A Festa do Codillo da Lama xa ten prato protagonista para o seu decimoséptima edición. O xurado que participou na cata previa optou pola súa preparación tradicional: o estufado con guarnición. Trátase dunha proposta da empresa Galego de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar).
É o prato que se servirá o vindeiro domingo 21 de maio na Alameda da Lama.
Os examinadores, entre os que estaba o propio alcalde Jorge Canda e o concelleiro José Sobral, ademais de probar o codillo estufado, tamén degustaron a súa variedade en viño mencía con salteado de verduras e patacas con pemento de piquillo recheo de verdura con tetilla así como o codillo en salsa de froitos secos con arroz branco e grelos con queixo do Cebreiro.
A Festa do Codillo terá un prezo para as racións de 12 euros, o mesmo do pasado ano, que dá dereito ademais do codillo estufado a pan, cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento que os comensais poderán levar como recordo.
O alcalde da Lama, Jorge Canda, manifestou a súa satisfacción polo gran interese que levanta esta festa non só entre os residentes no municipio senón entre os centos de persoas que se achegan ata A Lama para participar neste evento de exaltación gastronómica dun dos manxares máis populares de Galicia, neste caso o codillo.
A empresa Cátering Arelas, representada por Rosa María Fragueiro, será a encargada de servir as racións de codillo, pan e viño nunha festa coa que se pretenden superar as cifras da edición pasada e chegar ao milleiro de persoas.
Relacionadas:
-
A Festa do Codillo da Lama recibe un milleiro de comensais e bate o seu propio récord
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Lama espera preto de dous mil comensais para a Festa do Codillo
Por Redacción |
-
O codillo estofado, protagonista na alameda da Lama
Por Redacción |
-
A Lama espera superar o récord de asistentes na Festa do Codillo
Por Redacción |