Cheo no Liceo Casino para arroupar o pai do opositor venezolano Leopoldo López
Unhas duascentas persoas, na súa maioría venezolanos residentes en Galicia, arrouparon este sábado a Leopoldo López Gil, pai do opositor venezolano Leopoldo López, encarcerado desde febreiro de 2014, na presentación do libro Preso pero libre, escrito polo seu fillo desde prisión.
Foi nun acto, organizado por Cidadáns y celebrado no Liceo Casino de Pontevedra, que comezou cunha sentida interpretación do himno venezolano. Os asistentes portaron bandeiras do país suramericano e pancartas con lemas de "Non máis ditadura" ou "SOS Venezuela".
López Gil lamentou que en Venezuela a xustiza "sea una palabra que salió del diccionario hace tiempo" e denunciou os "engaños" que traslada o "régimen" de Nicolás Maduro sobre a situación do seu fillo.
"Nadie de confianza ha podido ingresar a la cárcel para verlo, ni de la familia ni sus abogados", asegurou ante os seus compatriotas, a quen recoñeceu estar "en vilo" pola saúde do seu fillo. Con todo, mostrou a súa esperanza ante a posibilidade de que este domingo a familia poida ter "noticias" del e autorícenlles a visitalo en prisión.
Durante a súa intervención, que interrompeu en varias ocasións ao emocionarse falando do seu fillo, o pai do líder opositor venezolano insistiu en que Leopoldo López é un "preso político" ao que se lle negaron os dereitos humanos "más básicos".
Leopoldo López Gil lembrou que Venezuela vive actualmente unha situación de "crisis nacional" que vai "más allá" do ámbito político e agradeceu o "extraordinariamente bien" que se está portando o Goberno español na causa do seu fillo.
O pai do opositor venezolano estivo acompañado na presentación do libro, entre outros, pola portavoz de Cidadáns en Pontevedra, María Rey, e a presidenta da comisión de Cultura no Congreso, a deputada Marta Rivera de la Cruz, que destacou que Leopoldo López representa "mucho" para todos aqueles "que respetamos la democracia y la libertad y que queremos algo mejor para Venezuela".
Rivera de la Cruz lamentou que a presión internacional sobre Venezuela sexa "tibia" e sinalou que é "muy peligroso" que "nos acostumbremos a esta situación" e que o caso de Leopoldo López "pueda caer en el olvido" se esta presión "decae completamente".
"Nos tienen que recordar constantemente que Leopoldo está preso, que está incomunicado, que lleva muchísimo tiempo sin ver a su familia y que hay 35 personas que han perdido la vida en las calles de Venezuela por pedir libertad", sinalou a deputada de Cidadáns.
Relacionadas:
-
RADIO.- Javier Moro: "Toda esta alianza de autocracias quérennos mortos aos demócratas"
Por Marisa Ciordia |
-
Mariano Rajoy, estrela do baile de gala do Liceo Casino seis anos despois
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |
-
O PP, preocupado pola suspensión do pago aos pensionistas venezolanos que residen en Galicia
Por Redacción |