Cuntis ultima a renovación de toda a sinalización do municipio
Por Redacción
O Concello de Cuntis investirá 60.000 euros no proxecto de renovación da sinalización de todo municipio. Esta iniciativa foi presentada a todos os alcaldes de barrio para que puidesen presentar as súas achegas a unha acción que pretende mellorar a seguridade viaria.
O goberno municipal, que dirixe o socialista Manuel Campos, explicou que o Concello renovará a sinalización nos cruzamentos, con indicativos de direccións cara os distintos núcleos de poboación, e tamén os sinais de entrada e saída dos núcleos.
A xuntanza mantida cos alcaldes de barrio serviu, destacan desde o Concello, como unha primeira toma de contacto para decidir cales van a ser as primeiras estradas en ser sinalizadas.
En principio, terán prioridade aquelas que son utilizadas por un maior número de veciños e tamén se terá en conta esta orde á hora de actuar nelas, entre outras cuestións, en materia de mantemento.
En estes traballos, o goberno municipal quere involucrar aos veciños, a través dos seus representantes, de forma que participen dun xeito directo nas visitas do equipo técnico a cada un dos núcleos, para analizar as súas necesidades.
O prazo de execución destes traballos será de dous meses.