A Xunta somete a información pública o proxecto da senda entre Vilariño e o polígono do Salnés
Por Oskar Viéitez
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o anuncio no que se establece un prazo para a presentación de alegacións que vai dende o 8 de maio ata o 20 de xuño ao proxecto do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, no treito entre Vilariño e o polígono do Salnés.
O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron este venres o treito no que se desenvolverá esta actuación enmarcada no Plan de Sendas de Galicia.
Francisco Menéndez explicou que a senda se inicia na primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro e Vilariño.
Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados.
A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada e os correspondentes bordos de separación.
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
Relacionadas:
-
Empezan as expropiacións para construir a senda peonil e ciclista entre Vilariño e o polígono do Salnés
Por Redacción |
-
A Xunta licita a construcción de 13 sendas na comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta agarda contratar este ano as obras da senda Vilaseca-Lapamán, en Marín
Por Oskar Viéitez |