Piden 12 anos de prisión para un veciño de Pontevedra por abusar sexualmente das dúas fillas menores da súa parella
Por Oskar Viéitez
A Fiscalía da Audiencia de Pontevedra solicita doce anos de prisión para un home acusado de abusar sexualmente das dúas fillas menores da súa parella sentimental.
O xuízo arrancará o vindeiro martes día 9 na Sección Segunda. O caso procede do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra.
Segundo consta no escrito de acusación da Fiscalía, facilitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o procesado, maior de idade, sen antecedentes penais, durante seis anos e medio e ata marzo do 2015 conviviu como parella cunha muller no domicilio familiar desta sito en Partido Xudicial de Pontevedra.
Durante a convivencia comezou a realizarlle tocamentos ás fillas da súa parella cando estas tiñan 8 anos. Estes abusos foron practicados tanto no domicilio familiar como nun piso en Pontevedra.
Aínda que non consta expresa denuncia por estes feitos por parte da nai das menores, o certo é que prestou declaración e acudiu como acusación particular.
Ademais de solicitar penas de seis anos de prisión, a Fiscalía pide que se lle prohiba aproximarse e comunicarse coas menores por un período de 12 anos. Tamén que se adopte a medida de liberdade vixiada, consistente na prohibición de aproximarse e comunicarse coas menores por un período de sete anos.
En concepto de responsabilidade civil pídese unha indemnización de seis mil euros para cada menor.
Relacionadas:
-
Condenado a 12 anos de prisión por abusar das dúas fillas menores da súa ex desde que tiñan oito anos
Por Natalia Puga |
-
Os peritos ven "altamente crible" a acusación de dúas menores contra o ex da súa nai por abusos
Por Natalia Puga |
-
Dúas menores ratifican na Audiencia que o ex noivo da súa nai abusou delas desde os 8 anos
Por Natalia Puga |