O Flop chega aos centros educativos para promover o respecto cara sexualidades diversas
Por Redacción
O día do orgullo LGTBI será este ano moito máis que o festival de música electrónica que se celebrará o 8 de xullo na beira do Gafos. O programa Flop amplíase con dúas novas iniciativas coas que o Concello busca abrir unha liña de traballo permanente, segundo Carmen Fouces, para "combater a desinformación" sobre as sexualidades diversas.
A concelleira de Igualdade explicou en rolda de prensa que a primeira destas actividades achegará aos institutos da cidade o respecto cara todo tipo de sexualidades.
Trátase das xornadas (Trans)formando o mundo, que pretenden "remexer nos conceptos, prexuízos e na propia idea que temos e que proxectamos do mundo e dos seres que habitamos", segundo Fouces.
Son actividades nos centros de ensino secundario e universitario a partir da obra narrativa xuvenil 22 segundos, a primeira en galego que toca a transexualidade infantil e xuvenil, da man da autora Eva Mejuto xunto ao mozo trans, membro da asociación Arelas, Éric Dopazo.
Ambos farán un percorrido literario musical por distintos fragmentos da obra. É unha obra que vai dirixida a mozos de ESO e Bacharelato e narra a historia de Álex, un mozo transexual que decide abrir unha canle de Youtube para compartir a súa experiencia vital, dende a máis tenra infancia, ata o seu proceso de transición e reasignación de xénero.
A finalidade é reflexionar co alumnado sobre as experiencias vitais dos nenos e dos mozos transexuais, e analizar a actual situación legal, social e médica do colectivo.
Estas xornadas arrancarán este xoves 4 de maio, a partir das 9.30 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación. Posteriormente chegarán ao IES Sánchez Cantón (11 de maio), ao CIFP Carlos Oroza (25 de maio) e ao IES Montecelo (2 de xuño).
Ademais, a praza da Pedreira acollerá entre os días 3 e 7 de xullo o ciclo Flop Cinema, no que se proxectarán películas como Pride, un amor de verán e curtametraxes documentais da iniciativa Indetectables.
Relacionadas:
-
Palabras para (Trans)formar a visión dos futuros profesionais da educación
Por Redacción |
-
O FLOP Festival enche de música e bo ambiente o parque dos Gafos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A bandeira multicor ondea en Pontevedra para conmemorar o Orgullo LGTBI
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O orgullo LGTBI en Pontevedra, a ritmo do FLOP Festival
Por Redacción |
-
Un grafiti contra a violencia machista entre adolescentes
Por Alejandro Espiño |
-
O FLOP colorea o Parque do Gafos con son, natureza, orgullo e liberdade
Por Diego Torrado |
-
O documental 'El viaje de Carla', anticipo ao Festival Free Live Orgullo Pontevedra
Por Redacción |