UGT e CCOO demandan "emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
En unidade sindical, Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores (UXT) participaron na mobilización convocada en Pontevedra no mediodía deste Primeiro de Maio para demandar "emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social".
José Ramón Piñeiro e Ramón Vidal, os secretarios comarcais de CC.OO. e a UXT, fixeron fincapé no lema desta convocatoria "non hai escusas". Mentres os representantes do Goberno lanzan "mensaxes triunfalistas" da marcha da economía, os cidadáns da rúa non son protagonistas da mesma.
Segundo estes sindicatos, o emprego, ensombrecido pola precariedade, xa non garante ter unha vida digna; e os pensionistas tamén ven diminuídos os seus ingresos. Ademáis resulta cada vez máis difícil acceder aos instrumentos de protección social habilitados e cando o fan as contías son cada vez menores.
Entre o cuarto trimestre de 2007 e o cuarto trimestre de 2016 perdéronse en Galicia más de 146.000 ocupados. "Pero é que hai unha realidade aínda máis preocupante", a situación límite de moitas familias galegas a causa do paro de longa duración que se converteu xa nun elemento estrutural e que está a xerar situacións de pobreza e exclusión social.
Ademáis denunciaron que a taxa de actividade das mulleres galegas está a cola do Estado; a taxa de temporalidade entre as mulleres galegas é case catro puntos superior á dos homes; a taxa de paro segue sendo superior a das mulleres, en 1,3 puntos, e tan só o 43,3 por cento das mulleres en paro perciben prestacións, fronte ao 56,7 por cento dos homes.
Ambos sindicatos demandan a derrogación das reformas laborais, devolver o equilibrio de forzas na negociación colectiva, e un plan de choque polo emprego con recursos.
Relacionadas:
-
Os pensionistas avisan a Rajoy: "Somos os de maio do 68. Nin un paso atrás"
Por Anxo Lourido |
-
A perda de poder adquisitivo mobiliza os pensionistas, molestos con Celia Villalobos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A CIG sae á rúa na defensa do sistema público de pensións
Por Oskar Viéitez |
-
O paro baixa en 203 persoas no mes de abril na cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Máis de 300 persoas vulnerables buscan unha oportunidade de emprego con Cruz Vermella en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
6.858 razóns para manifestarse o 1 de maio
Por Oskar Viéitez |