A Deputación aproba achegas do Plan Concellos para Poio, Bueu e Caldas de Reis
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar tres partidas ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2017 destinadas a diversas actuacións nos municipios de Poio, Bueu e Caldas de Reis.
En concreto, Poio recibirá 142.031,43 euros para a reforma a renovación de servizos e pavimentación do Camiño Pateira en Portosanto. Nestes primeiros catro meses do ano, a institución provincial leva aprobados 518.076,25 euros para Poio no marco do Plan Concellos 2017, é dicir, xa se repartiu un 51,39% do 1.008.010,77 euros previstos para a vila neste ano.
Pola súa banda Bueu recibirá 67.909,74 euros para o acondicionamento e mellora da praza Massó e 238.297,91 euros para a pavimentación de diferentes camiños públicos da vila. Nestes primeiros catro meses do ano, a institución provincial leva aprobados 525.950,14 euros para Bueu no marco deste plan, é dicir, xa se repartiu un 65,46% dos 803.444,37 euros previstos para a vila neste ano.
Finalmente, Caldas de Reis recibirá 88.000 euros para a merca de parcelas que permitan a ampliación do centro ocupacional e 171.751,33 euros para o saneamento do núcleo de Casalderrique en Carracedo. Nestes primeiros catro meses do ano, a institución provincial leva aprobados 416.246,50 euros para Caldas no marco do Plan Concellos 2017, un 59,84% dos 695.534,10 euros previstos para a vila neste ano.
Relacionadas:
-
Caldas recibe axudas da Deputación para obras no parque infantil e no xardín botánico
Por Redacción |
-
A finca de Segade busca ser "referente" no turismo industrial da provincia
Por Redacción |
-
Poio amplía o seu parque móbil cun camión lixeiro con guindastre
Por Redacción |
-
Destinan case 40.000 euros para mellorar os cemiterios de Bueu e Cela
Por Redacción |
-
Poio adquirirá unha máquina para limpar as súas praias
Por Redacción |
-
O goberno provincial presenta o reparto de máis axudas do Plan Concellos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación concede préstamos sen xuros a Poio e A Lama
Por Redacción |
-
Bueu ultima os proxectos que presentará ao Plan Concellos 2017
Por Redacción |